domingo, 19 de mayo de 2013

Historias de emigrantes

Todos sabemos que Galicia é terra de sufridores, de emigrantes e de loita incansable contra as circunstancias... A finais do século XIX e durante case todo o XX Galicia foi unha terra de incansable emigración, as causas foron distintas pero o feito de ter que abandonar a tua terra, e as tuas raíces doen sempre, xa sexa polo feito de non poder vivir decentemente aquí ou por pensar dunha maneira distinta ao establecido. Se non recordo mal cando se emigraba a fins do seculo XIX era por unha cuestión de fame pura e dura, sen dubida algo tristísimo, nos anos 40 e na Guerra , xa no seculo XX foi por ideais e defensa das liberdades do pobo, o caso de grandes personalidades galegas e de tantas outras anónimas que non por iso son peores, tamen nesa mesma época a miseria económica do país facia que a xente abandonase Galicia. Pero ainda que menos acentuado o meu caso foi outro, sei que non se pode comparar cos grandes fenómenos migratorios que foron os anteriores pero nos anos 80 moitisimos galegos e asturianos tomaron as suas poucas pertenencias e foron cara europa, en especial no meu caso foron a Suiza, podo decir que había un fenómeno migratorio porque recordo gran cantidade de españois ali, familias enteiras, irmans cos seus fillos marcharon... As historias que me contaron na miña casa son durísimas que duda cabe, a adaptación sen saber nin idioma nin costumbres a un modo de vida completamente distinto é dificilísimo, pero se me teño que quedar con algo pensarei nas grandes amizades que se fan, son para toda a vida, cando un esta ali so sen familia crea a sua familia nos seus amigos e isto fai que se superen as peores situacions, e creedeme que era moi complicadas na compañía de amigos feitos desa maneira, pola soidade e pola dureza desa vida meus país e miña familia fixo amizades que ainda dende a distancia permancen e son inmortais. Recordanme salvando as distancias a aquel libro de Neira Vilas que se chamaba Historias de emigrantes. Non olvidedes nunca que a emigración e unha aventura durísima da que sen dubida sales mais formado como persoa e creas vínculos e aprecias cousas as que nunca lle deras importancia.

O noticiario

Cando comencei a pensar sobre este tema de memoria histórica relacioneino con Franco, coa Guerra Civil e coas victimas, pero sen dúbida a memoria histórica como concepto abrangue moito máis que iso. Como xa dixen inmediatamente saltou a miña cabeza o concepto de Franco e como non o NODO que era o noticiario dos cines en España dende 1942 ata 1981, creado por Franco con un fin claramente propagandístico.
Deixo aquí una recopilación dos considerados os mellores programas que atopei en YouTube: