domingo, 2 de diciembre de 2012

O legado celta

 Quero deixar aqui un documental estreado o ano pasado no canal historia e que fala sobre a cultura celta e a castrexa no noroeste da península, incluindo loxicamente Galicia, a verdade para falar deste tema o documental parece me moi bo.

lunes, 26 de noviembre de 2012

lunes, 12 de noviembre de 2012

Do castro de Pedrouzos

Conta unha lenda que anda polas terras de Melide que nun castro da zona habia tres minas ou vigas, unha delas era de ouro, outra de prata, e a derradeira de alcatrán; como non se sabe cal é esta, e tocarlle non se pode pois todo canto hai no arredor se queimaría, non se anda en busca das outras dúas.
Neste castro había tamén un señor encantado, e dunha vez pasou por alí unha muller que daba peito. O encanto a quen ninguén vía chamouna para que dese de mamar a un neniño que el tiña e levouna por unha mina moi longa ata unha casa bonitísima. Despois que lle deu de mamar, trouxo o señor unha untura e mandoulle á muller que metese nela os dedos e logo que lle untase os ollos ao neno. Fixoo así, mais ela case sen se dar conta pasou os dedos por un ollo seu e dende entón non vía por el coma os encantos.
Ao outro día era 27 e foi a muller á feira das Cruces de Sobrado e polo ollo que untara viu ao señor do castro que ninguén máis via. En vez de calar e de non facer caso, chamouno anque el non lle falaba.
Ende outro día a muller foi ao castro e díxolle o señor.
-¿Con que ollo me viches na feira?
Ela moustroulle o ollo con cal fora e arrincoullo naquel intre.

martes, 23 de octubre de 2012

Terra de soños e misterios...

Esta entrada trataría do que para min significa Galicia, pois ben direi que podería significalo todo ou nada, pero a realidade é outra non quero representar o meu sentimento con tópicos como o idioma e a súa defensa e cousas carentes de valor para min xa que non vexo sentido defender o galego como lingua autóctona de Galicia cando é a evolución dunha lingua imperialista como foi o latín, en todo caso a lingua propia sería a anterior a esta pero bueno a miña opinión non cambia nesto senso, simplemente descarto utilizar o argumento da historia.
Galicia son outras cousas, Galicia son os topicos da choiva os acantilados e demais pero aparte disto é algo indescriptible, as palabras son un vulgar utensilio para describir os pensamentos ou sentimentos que nos coarta e nos deixa impotentes de decir cousas que non teñen palabras para facelo e por iso direi que todolos sentimentos son individuais e únicos e polo tanto non hai nada que dicir.
Deixarei unhas imaxes que podo relacionar cos meus recordos de infancia e outros...

Os veráns na aldea 
A praia do Baleo en Valdoviño
Recoller as patacas na casa dos avós

martes, 16 de octubre de 2012

Panorama electoral!

Empezo co tema das eleccións, como case todos sabedes Galicia celebra as eleccións ao Parlamento de Galicia o próximo 21-O, utilizando o lema dos socialdemócratas direi que este é o momento, agora Galicia decide! Falemos un pouco intentando ser imparciais e obxectivos destas eleccións os principais partidos ou coalicións que se presentan son:
PP= Centralismo e dereita, defensores dos recortes do goberno estatal e da saída da crisis pola vía agónica do neoliberalismo. Dirixe Feijóo
PSOE= En teoría son federalistas, mais nunca falaron en contra nin puxeron e dubida o sistema das autonomias, representa a decadente socialdemocracia do país e participou no desastroso bipartito co BNG. Dirixe Pachi Vazquez.
BNG= Nacionalismo galego, aínda que en moitas ocasións pide a república española, representa tamén a esquerda, debilitado polas diferenzas internas e a escisións nas que se sumiu fai pouco. Tamén participou no bipartito. Dirixe Jorquera.
AGE= Coalición formada entre outros polos grupos de Esquerda Unida e ANOVA(escisión do BNG), presenta unha alternativa de esquerdas e federalista, aínda que coa participación importantisima de partes nacionalistas, estas declararon o seu apoio a unha república federal. Dirixen Beiras e Iolanda Diaz.
CxG= Definese a si mesmo coma un partido socialdemocrata e nacionalista aínda que esta formado por sectores nacionalistas máis orientados ao conservadurismo. Dirixe Xoan Bascuas.
SCD= É un partido centralista e so mostra posturas económicamente neoliberais cunhua política social inexistente. Dirixe Mario Conde.
Posiblemente este parlamento estea máis dividido que nunca e a realidade e que se presentan dende políticos que xa demostraron a sua xestión e que defraudaron, novas alternativas nacionalistas de dereitas e de esquerdas, federalistas e ata empresarios pasados polo cárcere.
                         O futuro de Galicia atopase na rúa!