domingo, 3 de marzo de 2013

Cara 200 anos atras...

Segun conta o meu avó a casa típica galega que vos vou mostrar data de principios do século XIX pero non o sabemos con exactitude, esta casa por desgracia non esta todavia restaurada e se atopa bastante desmellorada pero vale para mostrar a estructura de como vivian os nosos ancestros máis proximos.


Nesta foto vemos a casa dende fora na porta principal, non se pode apreciar  pero diante da fiestra que ten a luz temos o pozo que todavia da uso.

Nesta outra foto temos a casa dende outra perspectiva, esta e outra porta que da  a unha habitacion usada como cuadra na casa.



 Nas tres fotos que temos arriba vemos como a casa esta dividida en dous pisos, o superior é de madeira e ainda podemos ver que ten cousas enriba e abaixo temos agora unha cuadra con ovellas que no seu tempo tiña vacas, este era un sistema de calefaccioón da casa, durmian enriba dos animais para que o calor corporal destes os quentara nas noites frias.
Aquí vemos no fondo o forno típico de unha casa galega, seguro que moitos que tedes aldea os restaurastes o aínda facedes pan ou empanadas no forno que seguro que saben mellor que as compradas...

Nesta foto temos a antiga cociña ! xa sei que non o parece pero esto e forno podian facer calquera cousa das que facemos agora con fornos piroliticos e vitroceramicas... Se forzades a vista veredes que hai un pote debaixo da chimenea. E aquí máis de un de vos xa comeu churrasco feito a antiga usanza!

Aqui vemos as dimensions destas paredes, son anchisimas e poden aguantar  unha burrada! aí teriamos a pila que mediante un pequeno burato na parede con un tubo vertia a auga fora da casa.



 Estas fotos do exterior da casa en varias perspectivas, se vos fixades veredes unha parte da casa que non ten parede, se non que ten varios troncos tapando a casa, nesta zona guardaban a leña para quentarse no duro inverno galego.

Aínda que non se poderia vivir nela e non seria necesario facelo coma antes, creo que seria precioso que estas casas repartidas por toda Galicia se aproveitasen e se conservase a sua estructura inicial e partes como a lareira ou o forno que ademáis teñen moitisima utilidade.

Perdoade pola calidade das fotos pero e que non as puiden facer eu.

Can de Palleiro, igual ou mellor.

En primeiro lugar xa sei que estas entradas chegan fora de hora pero non puiden coller o ordenador ata agora.
Caracterízome bastante polo amor que lle teño a natureza e aos animais e por iso queria facer esta entrada acerca da masacre que se fixo cunha raza de can galega, a única exclusiva de Galicia e que estivemos a piques de perder, estou a falar do can de palleiro, moitos seguros que pensades que o can de palleiro e un can sen raza e con cruces, este pensamento foi o que precisamente desprestixiou a este nobre animal.
O can de palleiro leva en Galicia dende tempos antiguísimos e foi de feito a única raza existinte aquí ata que a volta dos emigrantes galegos introduciu outras razas máis coñecidas como o pastor aleman e outros cans do estranxeiro cruzandos cos nosos de palleiro e estando a piques de provocar a súa extinción.
Debe o seu nome a que nos tempos antigos e non tan antigos a verdade, este can durmia nos palleiros das casas que tiñan gando e comía do que iba collendo por aí, pois, cando non había comida case nin para as personas non se lle podia dar a un can que non aportaba ningun beneficio.
Quero destacar que este can ten unha evolución do lobo moi similar ao pastor aleman ou o belga o que o coloca nos primeiros postos nas listas de intelixencia de cans por razas.

Para concluir esta historia que ten final feliz xa que a raza non desapareceu quero dicir que non podemos esperar ata o derradeiro momento para darnos conta de que o que hai aquí vale o mesmo ou máis do que podemos atopar fora e que unha cultura non se pode desprestixiar abandonando ela mesma os seus elementos, neste caso o can da terra foi recuperado, pero non sempre imos ter a mesma sorte.

miércoles, 30 de enero de 2013

Ata sempre Comandante!

Dise que Galicia foi unha terra na que non houbo guerra e que quedou inmediatamente baixo o control dos nacionais, pero se algo hai claro e que canto menos durou a guerra antes empezou a represión e aqui temos unha desas historias pouco coñecidas fora da cultura popular dos lugares.
Como exemplo utilizarei o caso do Comandante Moreno e os seus homes que foron brutalmente asasinados.
Corria o día 20 de Outubro do ano 1937 e mentras o país se sumerxia nunha salvaxe guerra fraticida un pequeno grupo de homes comandado segun din, por un tal comandante Moreno cruzaba as montañas entre Asturias e Galicia de camiño a A Coruña onde tiñan pensado buscar os apoios da CNT que lles axudaran a exiliarse en América. Estos homes cansos e mutilados mentalmente pola barbarie da guerra non podian aguantar máis e os seus destinos xa non os vian na loita. Ó chegar a porto do Acebo, que se atopa na zona limítrofe con Asturias os como xa dixemos cansos homes puxeronse a durmir e descansar por unha noite nun pallar da zona, ainda que alguns emprenderan xa outro camiño que os levaria ao mesmo sitio. Mentres estos homes descansaban apareceron a Guardia Civil e os falanxistas e mataronos a todos no momento, a todos menos a un que logrou fuxir, este era o famoso comandante Moreno que aínda que fuxiu por un momento foi atopado e mentres corria deronlle dous tiros que o fulminaron...
Aos dias apareceron tamen os corpos dos camaradas que foran por outro lado e o seu obxectivo viuse truncado. Recordan aquel horror os nenos da aldea, que tiveron que facer de enterradores e hoxe ainda non puideron olvidar aqueles corpos mazados e furados pola metralla, alguns incluso desnudos segun din...A traizon rematara coa vida duns loitadores pola liberdade.
Aquela historia foi olvidada pola oficialidade do momento pero nunca se puido borrar das mentes dos homes que viron aqueles sucesos que todavia cantan o romance aos caidos nas montañas que viviron aquel terror.
Deixo a entrada cunha canción en memoria daqueles caidos e vellos que ainda hoxe non olvidaron que perderon, que non lles deixaron vivir. Saúde camaradas!

Preferentes


Deixo aquí un video de cando Gabriel e máis eu fomos a facerlle unha visita aos afectados polas preferentes e fixemos unha pequena entrevista a un dos encerrados alí.
Sobran as palabras pois ninguen o explica mellor que o afectado.

domingo, 2 de diciembre de 2012

O legado celta

 Quero deixar aqui un documental estreado o ano pasado no canal historia e que fala sobre a cultura celta e a castrexa no noroeste da península, incluindo loxicamente Galicia, a verdade para falar deste tema o documental parece me moi bo.