domingo, 3 de marzo de 2013

Quen dixo Deus?

Levo uns meses cunha crise de fe importante, a veces dubido da existencia de Deus, outras como hoxe teño clara a sua inexistencia... Pero lendo algo sobre outras relixións, entre outras a antiga mitoloxia galega dinme conta do que a xente e capaz de soportar... O catolicismo tan arraigado que temos aquí segundo parece, pero realmente nos fixemos algo que non moitos pobos fixeron, temos constancia e crenza alguns incluso na nosa antiga relixión, non sei se chamala relixión como tal pero o que esta claro é que todavia nos influencia e xa que lin sobre ela nun momento de crise de fe decidin que si tiña que crer en algo seria na tradición e non na conquista deses que din que hai un Deus e lle fan homenaxes que construen mediante a escravitude e a opresión pos hai moitas diferencias entre esto:

Cando me preguntan que vexo nesta foto eu digo que vexo arte no deseño e medo nas pedras.  A escravitude a fame e a sangre construiron esta catedral para un Deus que non era o de moitos e tiveron que dicir que o era e pagar por el.
Cando me preguntan que vexo nesta foto non me atrevo a dicir que é arte porque eu non o sei apreciar pero podo dicir polo que hoxe sabemos que se fixo mediante a cooperación e a axuda entre uns e outros, sen escravitude e cun fin nobre, o enterro dos seres queridos.


Eu xa me cambiei de relixión, apuntaste?


Deixo aqui un video que fala da mitoloxía galega.



No hay comentarios:

Publicar un comentario