viernes, 5 de abril de 2013

Ciencia tamén tocamos.

CORRE O RUMOR POLO MUNDO DE QUE OS GALEGOS SOMOS ALGO PALETOS, QUE NOS PARECEMOS TODOS A ESTE:
PERO TODOS SABEMOS QUE DESTA TERRA SAIRON GRANDES PERSOAS NO MUNDO DA CULTURA.
Eu dende o blog quería dar a coñecer algo máis a un home que non se nomea especialmente nos libros nin nos documentais aínda que tampouco é un completo descoñecido, este home é o médico, investigador, e ensaista encadrado na xeración do 36, Juan Rof Carballo.
 Juan Rof Carballo naceu en Lugo no ano 1905 e era fillo de famosisimo veterinario Juan Rof Codina, de orixe catalán, estudou medicina en Santiago de Compostela e colaborou coas revistas Ronsel e A nosa terra, que seguramente coñezades polo estudo da literatura galega, alí coñeceu a literatos como Dieste, Risco, Otero Pedrayo ou Castelao, continuou os seus estudos en París, Cophenague e Viena onde estivo en contacto con Freud, e isto fixo que fora posteriormente o introductor das teorias psicoanalistas deste xunto con Ortega e Gasset, o seu ambito principal de investigación foi a medicina psicosomática que por descoñecemento non vos podo explicar moito.


No hay comentarios:

Publicar un comentario