sábado, 6 de abril de 2013

Eu quero josar!

Hai uns meses pasaba eu por diante dun bar que frecuento habitualmente e atopei a uns rapaces que tocaban na guitarra unha canción descoñecida pero que me impresionou moito e rápido preguntei de onde a sacaran para descargala, dicía algo asi: Non quero nada de ti, non quero nada de ti, nin o rosario de tu puta madre!, a partir de aí empecei a coñecer ao grupo autor Heredeiros da crus. Sorprendeume este tipo de música tan dura en galego, acostumado  Rianxeira e cousas así non me pegaba co idioma e a partir de aí  vino de outra forma, demostreime a min mesmo que co galego se podía facer de todo, que ten tanto ritmo ou máis ca outras linguas e que as letras son máis bonitas en galego e que facer de todo co galego e nosa labor e obligación porque estamos vendo que funciona.
Querovos deixar a miña canción preferida do grupo e que creo que me define a perfección por esa estrofa que di: Eu quero, eu quero gozar, e morrer empalmado com uma botelha na mão.

Para rematar quero engadir que aínda que salvando as distancias estes homes son os equivalentes galegos a Extremoduro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario