sábado, 6 de abril de 2013

Mago ou poeta.

Estou seguro de que no ano 2011 se lle adicou o premio das Letras Galegas ao poeta Lois Pereiro, e que se celebrou aquí unha homenaxe contando cos seus irmáns, nos que estaba a profesora deste centro Inés Pereiro, ao acto acudiron personalidades como Manuel Rivas ou Xosé Manuel Pereiro, irmán tamén do homenaxeado.
A verdade eu non tiña nin idea de que existira este home ata que se lle adicou o premio, e cando falaron da súa personalidade e o seu estilo quedeime prendado e comprei o libro Poesía última de amor e enfermidade, as sensacións foron incribles, non podía ver tanta realidade na poesía, atopei algo que parecía dito de maneira tosca e simple pero que pola contra tiña mil sensos, foi para min coma unha viaxe a un mundo de romanticismo pero sen precisar a estética, ao máis baixo da condición humana, aos ambientes escuros e de tugurios e vicios que teñen un halo tan poético sen nombralos so con o estilo e forma de falar un se sumerxía noutro mundo, mundo que aínda que todos pensamos que non é adecuado, todos quixemos probar e aí se ve a condición humana máis sensitiva deixandose levar polos instintos e facendo algo que realmente pode chegar a levarnos a momentos de felicidade eterna dentro da nostalxia e da tristeza, pois non sei quen dixo que a nostalxia era a felicidade de estar triste, así me sentín eu con ese libro.
Deixo algo tópico que é o seu epitafio pero que a verdade mostra un pouco o seu estilo sentido pero xamais pesado ou empalagoso.
Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario