sábado, 6 de abril de 2013

Pradolongo

Podería falar do sector audiovisual galego en xeral e teria unha entrada relativamente boa, pois hai información e material suficiente para facelo pero quero falar en concreto da pelicula que fai uns 4 anos o instituto levounos a ver.
A verdade e que nun primeiro momento pola miña idade non apreciei como debia esta historia ainda que me gustou. Foi fai uns meses cando navegando pola rede encontrei a pelicula e puxenme a vela, as tornas cambiaron, non podedes nin supoñer o que para min supuxo esta película, en todos os argumentos via o mesmo, a historia de tres amigos nos que se interpón o amor e cousas así. Pero a película para min trata de outra cousa, e un retrato social completo de Galicia a traves da adolescencia, os ideais son protagonistas nunha historia antiimperialista e que choca de cheo coas normas e cos modelos de vida actuais, foi iso o que vin na película que me emocionou pola superación e intento de cousas que en principio parecen imposibles, ademais recordo con claridade as palabras da nai do protagonista dicindolle que aqui era imposible poñer a catro veciños de acordo, e este e un dos clásicos tópicos que temos cara a nos en Galicia, dicindonos que se non nos poñemos de acordo nin nos quen nos vai tomar en serio?
Deixo aquí a pelicula para que poidades vela, de verdade vale a pena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario